2ª etapa do Camiño pola costa de Lugo seguindo a ruta do Cantábrico, co tren como transporte
teresaderibadeo
Paseos de 12 km por Ribadeo e por lugares próximos.
domingo, 4 de febreiro de 2024
Costa de Lugo 2
Costa de Lugo 1
domingo, 3 de decembro de 2023
Castropol Ribadeo polo camiño de Santiago e a senda costeira
Concello: Castropol
Lugares: O Valín, Berruga, As Campas , Barres, Donlebún, As Figueiras. Ribadeo
Distancia: 13,5 km
Desnivel: 166 m
Transporte: Feve
Percorrido: Sáese da estación de Castropol pola pista alquitranada e cóllese tres veces á esquerda para situase na pista que vai pola aba do pico San Marcos. Xa estamos no camiño de Santiago e por el se sigue entre piñeiros ou árbores de ribeira ata aproximarnos Ás Campas e despois por lugares mais abertos e xa con algunha vivenda ata achegarnos ao campo de futbol de Barres.
Cruzamos a estrada e rodeando a Igrexa de San Esteban imos cara a Donlebúne a senda costeira que seguimos ata As Figueiras, lugar que merece un paseo polas súas escaleiras e calellas.
Pasamos a ponte, e xa eatamos de volta en Ribadeo
xoves, 1 de xuño de 2023
Río Suarón: De Piantón a Meredo
Concello: A Veiga
Neste tramo vemos Meredo onde destaca a casona palacio de Rodríguez de Cancio (s,XVIII) e a igrexa parroquial Santa Marina con planta de cruz latina.sempre á esquerda pásase o núcleo de Xaraz, e despois a fonte. Pola pista de terra, desde onde se ven na ladeira da enfronte ata tres cortíns, construccións circulares para protexer os trobos, continúase uns metros atendendo ao carreiro que logo se atopa para baixar á dereita ao aparcamento do mazo.
Báixase ao mazo, restaurado, é o lugar para refrescarse e comer. De volta ao aparcamento iníciase a subida por onde se baixou, e ao 10 metros aproximadamente entra un carreiro á dereita que con unha subida suave volve ao camiño que viña de Xaraz ancho e fácil de andar.
Desde alí sube en zig-zag e continúa paralela ao Suarón ata regresar a Piantón, antiga capital do concello de Vegadeo, onde destacan a praza, a igrexa parroquial de San Esteban (s XVI-XVII). con tres retablos de imaxinería barroca, e a casona rural Casa do Rego có seu pombal octogonal
domingo, 30 de abril de 2023
Río Masma
martes, 28 de marzo de 2023
Río Ouro
mércores, 1 de marzo de 2023
Río Xunco
Transporte: FEVE