sábado, 7 de abril de 2018

O Barqueiro - O Vicedo

Concellos: O Barqueiro, O Vicedo

Distancia: 10 km

Desnivel: 342 m

Transporte: FEVE

Saída 11:30 na estación de FEVE de Ribadeo
Regreso 18:35 na estación de FEVE de Ribadeo

Percorrido: Viáxase en tren ao Vicedo, e atravesando a vía vaise cara ao sur e a esquerda subindo cara ao Progreso, para baixar a cruzar de novo a via nas Congostras e seguir camiñando cara ao mar por Randamil e Baltar ata a praia de Xilloi.
Mirando ao mar, vemos a illa Coelleira á dereita e a Estaca de Bares á esquerda, imos cara a ela buscando o camiño mais próximo ao mar do que nos separará un vistoso cantil con as Puntas do Balseiro , do Campo branco e dos Calzós.
Chegamos logo a Ría e ao lugar chamado o Vicedo Vello, pasamos polo porto e pola praia do Fomento. Pasamos a Punta Castelos e baixamos a Area Longa indo por ela ata chegar á ponte na que co cambio de provincia aparece unha senda que vai a estación de FEVE do Barqueiro.